Down CoruñaDown CoruñaDown Coruña
981 26 33 88
asociacion@downcoruna.org
15009 A Coruña

A Consellería de Política Social e Igualdade e o FSE+ apoian a inclusión laboral de 18 mulleres con discapacidade intelectual en DOWN Coruña

Cunha axuda de 19.579,93 euros da Consellería de Política Social e Igualdade, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, DOWN Coruña desenvolve un programa de atención integral dirixido a 18 mulleres con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. Este respaldo institucional fai posible un recurso personalizado e especializado, orientado a mellorar a empregabilidade das participantes, favorecer a súa inserción laboral en contornas ordinarias e apoiar o mantemento e a promoción nos postos de traballo xa acadados.

O financiamento sostén unha intervención individualizada que combina varias liñas de traballo:

  • Desenvolvemento de habilidades de vida e autonomía persoal vinculadas ao desempeño laboral.
  • Formación en competencias dixitais aplicadas á procura activa de emprego.
  • Talleres de habilidades sociais con transferencia directa ao contexto profesional.
  • Atención psicolóxica individual e grupal.
  • Orientación personalizada e familiar.
  • Mediación e coordinación coas familias.

Grazas a este apoio, o programa pode ofrecer itinerarios integrais que melloran a empregabilidade das mulleres con discapacidade intelectual en situación de especial vulnerabilidade, reforzan a súa autonomía e garanten o seu benestar emocional, avanzando así na súa inclusión social e laboral.

A subvención enmárcase nas axudas da Consellería de Política Social e Igualdade a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, cofinanciadas pola Unión Europea a través do programa FSE+ Galicia 2021-2027, na anualidade 2026.

¿Algo que comentar?

Contacto

Avenida de Pedralonga s/n. 15009 A Coruña
981 26 33 88
Lun – Vier: 10:00 a 14:00 | 16:00 a 20:00
Ir al contenido