Down CoruñaDown CoruñaDown Coruña
981 26 33 88
asociacion@downcoruna.org
15009 A Coruña

A Deputación da Coruña apoia o programa de vida independente de DOWN Coruña con 28.085 €

A Deputación da Coruña concedeu a DOWN Coruña unha axuda de 28.085,00 € no marco das Subvencións a Entidades sen Ánimo de Lucro para o Mantemento de Centros de Servizos Sociais no Ano 2025 (FOAXE-C/2025). Esta financiación permitirá continuar e fortalecer dous dos programas máis transformadores da entidade no ámbito da vida independente, nos que participan 17 persoas en diferentes […]
+ info
Down Concello

Down Coruña recibe apoio do Concello para o funcionamento e mantemento da entidade

A Asociación Síndrome de Down de A Coruña (Down Coruña) recibe unha achega de 2.557,80 euros no marco da convocatoria específica para a concesión de subvencións destinadas a actividades de interese social en materia de igualdade e diversidade do Concello da Coruña para o exercicio 2025. Esta axuda está destinada a gastos de mantemento e funcionamento xeral da entidade, […]
+ info
emprego concello down

O Concello da Coruña apoia o emprego de persoas con discapacidade intelectual

O Concello da Coruña colabora co desenvolvemento do Programa de impulso da empregabilidade de persoas coa Síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais cunha achega de 35.000 euros durante o ano 2025. Esta iniciativa ten como finalidade favorecer a inclusión social e laboral, mediante accións de formación, acompañamento e seguimento individualizado, orientadas ao acceso e mantemento no emprego ordinario. A […]
+ info
Comunicate

O Concello da Coruña e Down Coruña impulsan un programa para mellorar as habilidades de comunicación de persoas con síndrome de Down

O Concello da Coruña e a Asociación Síndrome de Down de A Coruña (Down Coruña) colaboran un ano máis no programa de adestramento para a adquisición e mellora das habilidades de comunicación persoal e social para persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, cunha achega de 20.000 euros. O obxectivo desta iniciativa é estimular e potenciar […]
+ info

Contacto

Avenida de Pedralonga s/n. 15009 A Coruña
981 26 33 88
Lun – Vier: 10:00 a 14:00 | 16:00 a 20:00
Ir al contenido