Esta fin de semana gracias ó Programa de Iniciativa Xove da Xunta de Galicia, fomos facer unha ruta a cabalo. Esta ruta tivo lugar pola zoa de Arteixo, onde puidemos gozar dun marabilloso paseo polo bosque, o río e unhas marabillosas vistas das praias de Arteixo. Os mozos conectaron coa natureza e cos cabalos, o que foi moi relaxante e diferente.
Gracias ó equipo de “Os Laranxos” por facernos pasar unha xornada tan especial, e de novo a Iniciativa Xove por potenciar nos nosos mozos este tipo de lecer inclusivo.




