A Asociación Síndrome de Down de A Coruña (Down Coruña) recibe unha achega de 2.557,80 euros no marco da convocatoria específica para a concesión de subvencións destinadas a actividades de interese social en materia de igualdade e diversidade do Concello da Coruña para o exercicio 2025.
Esta axuda está destinada a gastos de mantemento e funcionamento xeral da entidade, contribuíndo ao desenvolvemento da súa actividade e ao apoio continuado ás persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.




