Saltar al contenido


Gozar do deporte en compañía é unha opción moi apetecible para o fin de semana.
O pasado 21 de xaneiro tivo lugar o primeiro encontro de deporte inclusivo organizado por Down Coruña e coa colaboración da Asociación de Veciños de Pedralonga. Así, gozamos dunha xornada adestrando e xogando ao baloncesto nas instalacións da Fábrica de Armas.
Para dar continuidade a esta iniciativa inclusiva, celebrouse o pasado sábado o segundo encontro, co fútbol como protagonista. Debido ás condicións climatolóxicas tívose que levar a cabo no interior das instalacións de Down Coruña sen que isto restase ánimo nin implicación por parte dos participantes.
Nesta ocasión queremos agradecer a colaboración a todas as persoas, con e sen discapacidade, que participaron neste encontro e cos que gozamos dun momento moi ameno e divertido. Esperamos poder contar convosco en máis ocasións!.
