O Concello da Coruña colabora co Servizo de Apoio ás Familias de persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais de Down Coruña cunha cuantía de 2.586 euros.
Esta colaboración enmarcase na convocatoria específica para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro do Concello da Coruña para a realización de actividades ou proxectos de interese social para o ano 2025.
A finalidade principal do proxecto é proporcionar ás persoas usuarias e ás súas familias, un servizo especializado de orientación, asesoramento e acompañamento na planificación dos itinerarios persoalizados das persoas que se acollen a este servizo.
Así, buscase mellorar a calidade de vida das persoas coa S.D e D.I, reforzando a súa autodeterminación, fomentando a que poidan participar activamente na comunidade e tomando as súas propias decisión persoais sobre a súa vida e futuro. Todo isto é posibel grazas ao apoio indispensable das súas familias que son teñen un papel fundamental neste camino.




