Down CoruñaDown CoruñaDown Coruña
981 26 33 88
asociacion@downcoruna.org
15009 A Coruña

PRESENTACIÓN EN SANTIAGO DO PROXECTO DE FOTOGRAFÍA “O MEU MUNDO EN FOTOS”

A semana pasada tivo lugar en  Santiago de Compostela a exposición final de álbums fotográficos do proxecto “O meu mundo en fotos”.

En representación da Asociación Down Coruña foron David e Javi, que explicaron diante de todos o porqué das súas eleccións, sinalando, ademáis, o significado e a historia que agochaban cada unha das fotografías que presentaron. Un gran traballo que despois de seis de meses tivo o seu punto final onte nas instalacións de Down Santiago, onde acudiron 33 mozos e mozas das diferentes asociacións galegas.

A responsabilidade, a nosa xente, os soños ou o ocio foron algúns dos temas que xiraron neste proxecto sobre o eixe dos selfies. Unha divertida e moderna forma de facer fotos. Grazas a isto puidemos traballar e falar sobre conceptos fundamentais do noso día a día e da nosa vida. Ademáis de expresar libremente e de forma individual o que sentimos o respecto.

A actividade, organizada por Down Galicia coa colaboración de Iniciativa Xove da Consellería de Traballo e Benestar, contou ca presencia da directora xeral de Xuventude e Voluntariado, Cecilia Vázquez, e de Delmiro Prieto en representación da Federación Galega de Institucións para a Síndrome de Down. Quenes entregaron diplomas a tódolos presentes pola sua participación de xeito satisfactorio no proxecto. Esta é a primeira edición na que as experiencias e habilidades adquiridas mediante o desenvolvemento deste tipo de actividades contarán cunha certificación oficial expedida pola Xunta.

Galicia é a primeira e única comunidade autónoma, que certifica ditas competencias coa participación en programas de educación non formal.

Dende aquí, felicitar a Laura, Ricardo, Víctor, Javi e David pola súa dedicación e o seu bo facer en “O meu mundo en fotos”.

20150930_121920
DAVID DURANTE A SUA PRESENTACIÓN
20150930_121207
JAVI EXPOÑENDO O SEU PROXECTO

¿Algo que comentar?

Contacto

Avenida de Pedralonga s/n. 15009 A Coruña
981 26 33 88
Lun – Vier: 10:00 a 14:00 | 16:00 a 20:00
Ir al contenido