Saltar al contenido


Que mellor forma de comezar a fin de semana que xuntarse con amigos para facer deporte.
En Down Coruña o pasado sábado 25 de marzo tivo lugar o terceiro encontro de deporte inclusivo, esta vez dedicado ó tenis de mesa.
Un total de 17 persoas gozamos dunha mañá na que non faltaron risas, diversión, competición, compañeirismo, e moitas ganas de aprender e practicar un deporte que todos temos ao noso alcance.
Ó longo desta xornada leváronse a cabo diferentes dinámicas e xogos, así como déronse nocións desta disciplina e consellos de como poder xogar na casa sen a necesidade de ter unha mesa específica.
Resaltamos que coa práctica do tenis de mesa trabállanse múltiples habilidades como a coordinación motriz, capacidades físicas básicas como a axilidade, velocidade, forza e resistencia, mellorando ademais a concentración, a habilidade para procesar información, a coordinación óculo-manual e a habilidade na toma de decisións rápidas.
A maiores puidemos tamén xogar ao bádminton, onde puxemos en práctica nosas habilidades de coordinación e precisión.
Nesta ocasión, queremos agradecer a Decathlon a súa colaboración neste encontro deportivo así como a participación dos irmáns dos participantes neste e nos anteriores torneos inclusivos xa que sempre que participades gozámolo todos moito.
